Queres ser socio do Xabarín Club? É tan fácil como ires a un estanco e comprar a xabatarxeta. Nela preenche os teus datos, responde a pregunta do sorteo (fana na emisión do Xabarín Club e é diferente cada quince días) e envíaa ao apartado de correos 874.
Lamentabelmente hoxe en día non venden a xabatarxeta en case ningures. Mais grazas a cernekernel, que se puxo en contacto co Xabarín Club, temos a versión dixital da xabatarxeta. Podes imprimila en calquera tipo de papel, preencher os datos manualmente e enviala por correo ordinario ao apartado de correos 874. Ou, se o prefires, tamén podes preenchela con algún programa de edición de imaxes e enviala por correo electrónico ao enderezo oficial do Xabarín Club: xabarin@crtvg.es
