05/01/12

Cando son bo son moi bo (Ectoplasma)


- Título: Cando son bo son moi bo
- Artista: Ectoplasma
- Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)



Letra:

Nena, son o neno problema
do pupitre de atrás,
pero estou tolo pola túa melena
non podo estudar.

É como se as miñas hormonas estouparan,
sei que agora necesito un bico
pero aínda non sei por que.

Cando son bo son moi bo,
cando son bo son moi bo,
cando son un pillabán son mellor.

Morro por bicarte
como fan papá e mamá
estou perdido, estou confundido,
e sei que ti aínda máis.

Toco a guitarra cando non podo usar palabras.

Papá ten unha nova noiva,
mamá ten a Christian Dior,
ninguén explica todo o que eu sinto,
o que sentimos os dous.

Falo con palabras que rimen co teu nome.

Busquei na Internet que é o que me pasa,
e toda a resposta é o amor.

Cando son bo son moi bo,
cando son bo son moi bo,
cando son un pillabán son mellor.

Cando son bo son moi bo,
cando son bo son moi bo,
cando son un pillabán son mellor.

Cando son bo son moi bo,
cando son bo son moi bo,
cando son un pillabán son mellor.