- Título: 1994
- Artista: Moita leria
- Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)
Curiosidades:
- O título da canción, 1994, fai referencia ao ano en que se comezou a emitir o Xabarín Club.
Letra:
Cando xogabamos na escola
a tirar o trompo e á mariola,
ir atrás das mozas levar labazadas,
que chas daban elas por ter as mans largas.
Cambiabamos os cromos,
comentabamos as xogadas
de Son Goku e Hattori,
escoitabamos Heredeiros,
Faciamos cabanas nas praias
até entrar a madrugada
con catro cachopos e un par de pallas.
Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.
Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.
Chegar á casa e prender a consola,
un vaso de gasosa e unha merendola,
coller forzas para empezar
a ver a Silvia Superstar,
temendo que marche e ter que estudar.
Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.
Amantes do risco en monopatín,
fieis seguidores do Xabarín.